| |
Por
Mario Gómez Penide |
|
| |
Anfibios |
|
| |
www.catoira.net |
|
| |

Nome científico: Alytes obstetricans. (
Laurenti, 1768)
Nome galego:
Sapiño troiteiro. Sapeta. Sapiño comadrón.
Nome castelán:
Sapo partero común.
Descrición:
Ten unhas dimensións de entre 4 - 6 cms. Trátase polo tanto
dun sapo pequeno. Este sapo ten verrugas vermellas no dorso, a menudo
formando unha serie no costado. Este sapiño cincento zarramanchado de
negro e vermello polo dorso, ten as partes inferiores tirando a brancas.
É un sapo máis ben pequeno. As patas son curtas, a pel verrugenta, non
ten glándulas parótides e tres calos plantares.
A cabeza é máis ancha
que longa. Alimentase de todo tipo de insectos. Gústanlle moito as
formigas, os arácnidos, as bolboretas, etc. Prefire os prados , prados
con matorrais e zonas pedregosas e barrancos próximas a charcas e
regatos. É unha especie pouco vencellada á auga, da que se pode arredar
moito. A
reproducción é continua non verán e no outono. Os machos chaman polas
femias, que contestan o macho. O seu canto lembra o tintinei dunha
campaíña.
Despois do coito e da
posta de ovos, entre 50 a 150 ovos, o macho fecunda os ovos e durante
uns minutos trata de enrolalos na parte posterior.
O macho
transporta os ovos durante tres semas. Transcorrido este tempo o macho
métese na auga, normalmente pozas que non quedaron sen auga no verán, e
as larvas eclosionan.
Hai todos uns estudios
sobre o número de larvas relacionado co tamaño posterior.
En xeral son moteados e poden ter un gran tamaño. Incluso vivir máis dun
ano ata que remata a metamorfoses.
Os cágados alcanzan a
madurez o ano e poden vivir ata 7 anos.
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome científico:
Bufo Bufo.
( Linnaeus, 1758)
Nome galego:
Sapo cunqueiro, sapo común.
Nome castelán:
Sapo común.
Descrición:
As súas dimensións están entre 112 mm. os machos e 180 mm. as
femias. Eso é o normal, pero pode chegar a ter 20 cms (200 mm.). A femia
é máis grande co macho, xeralmente é o dobre. Pode presentar esta
coloración, pero é máis común a de abaixo. Ollos cobrizos ou vermellos
con pupila horizontal. Animal de patas máis ben pequenas, pel verrugosa,
grandes glándulas auriculares, pupilas horizontais, pouco áxiles para
correr, brincar e, aínda menos nadar. O dorso é amarelo sucio ou pardo
escuro, a parte inferior gris con manchas escuras. Observar as glándulas
parótidas, ben grandes. Observar que a pel é moi verrugosa. Ten dous
tubérculos subarticulares dobres na palma. Alimentase de todo tipo de
insectos. Gústanlle moito as formigas, pero non despreza miñocas,
caracois, lesmas,etc. Tamén come, si se poñen a tiro, os ácaros,
opalións, etc. Os sapos moi grandes poden chegar a capturas crías de
ratos. Prefire os prados e as hortas para vivir, aínda que moitas veces
pode atoparse nas fragas. Atópase dende o nivel do mar ata alturas de
2.600 metros.
Pasa o día metido entre as
pedras e penedos inda que cando é o tempo de reproducción, perde o medo,
e vese tamén de día. Activo entre marzo e octubre.
Hiberna a pouca
profundidade entre as follas.
A reproducción empeza en
marzo, pero cando máis se manifesta é no fin da primavera, xúntanse os
machos as beiras dos regos e emitindo os típicos sons "afrautados". Os
ovos aparecen en cordóns xelatinosos que semellan un rosario, e as
larvas, son negras. Rematan o proceso no verán. O desenrolo do embrión
dura 2-3 semas e os recén nacidos miden entre 3-6 mm., e dende logo
teñen moitos depredadores, é o ciclo da vida.
O proceso
dura logo entre 65 a 108 días ata chegar a alcanzar 32 mm. Abandonan a
auga xa cando miden entre 8 a 15 mm. Alcanzan a madurez os tres anos.
Mostra
fidelidade cara os lugares de reproducción e chega a recorrer, si fai
falta, 3 km. Inflúe moito a temperatura e o aire. As pelexas son
frecuentes.
Os machos pequenos son
rapidamente desprazados por outros máis grandes. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome científico:
Bufo Calamita. ( Laurenti
1768)
Nome galego:
Sapo Corriqueiro
Nome castelán:
Sapo corredor.
Descrición:
Mide entre 9 cms e 10 cms das femias.
Sapo máis pequeno có Bufo
bufo, a súa característica principal é ter o dorso cor de area apencado
de manchas grandes escuras e unha liña moi clara que vai dende o fociño
á cloaca. Alimentase de todo tipo de
insectos. Gústanlle moito as formigas, pero non despreza miñocas,
caracois, lesmas, etc. Algunhas presas fai a súa captura á carreira. Por
eso o de sapo corriqueiro (corredor). Ten teima polos solos areosos ou
de xabre.
O ciclo de reproducción
empeza un pouco máis adiantado que o sapo Bufo bufo, tamén en marzo,
pero cando máis se manifesta é no fin da primavera, xúntanse os machos
as beiras dos regos e emitindo os típicos sons "afrautados". Os ovos
aparecen en cordóns xelatinosos e as larvas, son negras. Rematan o
proceso no verán.
As larvas, verde-anegrexadas,
son os cágados máis pequenos da nosa fauna e rematan o seu
desenvolvemento por maio-xuño na costa, ou polo verán na montaña.
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome científico: Chioglossa lusitanica.
Nome galego: Saramaganta galega, salamántiga, pinchorra
rabolonga, píntega rabilonga.
Nome castelán: Salamandra rabilarga.
Descrición: Mide sobre 12-14 cm., dos que dous tercios
corresponden a súa cola. As femias son máis grandes, sobre un centímetro
máis. De cabeza pequena e deprimida co morro redondeado. Os ollos moi
grandes, é delgada e moi esbelta, e ten unha cola moi grande. Ten dúas
liñas douradas lonxitudinalmente que se unen nunha soia, que recorre
todo o lombo ata a cola. A coloracion e parda-broncínea, o seu ventre é
gris perola con reticulado escuro e disperso. De habitos nocturnos. O
corpo é case cilíndrico. Ollos grandes, escuros e saintes das órbitas. O
rabo é carcterístico, é autotomizable, e serve de importante órgano de
acumulación de reservas, variando o seu grosor o longo do ano, ata o
punto de que a súa rexeneración impide a formación de ovos ás femias que
perderon o rabo. O rabo é máis do doble que o corpo. As patas teñen
catro dedos. Móvese con gran rapidez, axil e boa nadadora. Come de todo
queteña un tamaño entre 2-4 mm.: dípteros, himenópteros, aracnidos,
larvas de insectos e miriápodos. Permanece activa durante case todo o
ano, podo refuxiarse en ocos lonxe da auga e reducir a súa actividade
entre os meses de novembro e xaneiro. Gosta das fragas de folla caduca
entre arroios e ríos con moitos liques e moita humidade (máis de 1000ml.
de precipitación anual). O habitat de todolos xeitos é preferentemente
montano e consiste fundamentalmente en zonas umbrías veciñas a pequenos
cursos de auga con corrente feble, con vexetación higrófila nas ribeiras,
non acostuma a alonxarse demasiado dos regatos, pero si ten lugares ni
bosque que lle gustan, soio se acerca a auga cando se reproduce. Non se
atopa por riba dos 1000m. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome científico: Discoglossus Galgoni.
( Capula 1985)
Nome galego: Sapo das veigas, ra das herbeiras, sapo
raxado.
Nome castelán: Sapillo pintojo.
Descrición: Pode medir entre 50 e 75 mm. Os machos son
máis grandes.
Pode vivir ata 8 anos. Animal de aspecto entre sapo e
ra, coa pel moi pouco verruguenta e sen glándulas parótidas. Dorso
cincento apencado de manchós pardos.
Fociño longo e puntiagudo. Dedos curtos e puntiagudos. A coloración é
olivácea, gris ou parda. Posúe unha banda que vai dende o fociño ata a
parte de atrás.
Ten, si é a variedade oliváceo un gran parecido as ras. Alimentase de
todo tipo de insectos. Gústanlle moito as formigas, pero non despreza
miñocas, caracois, lesmas,etc.
Os sapos moi grandes poden chegar a capturas crías de ratos.
Depredadores ten moitísimos: dende a Natrix Natrix
ata a londra, pasando por moitas aves como a Tyto Alba (curuxa común).
Prefire os prados e as hortas para vivir. Está moi vencellado á auga.
Moitas veces ocupa pozas e regueiros de moi pouco caudal nos prado
húmidos e xunqueiras. Pode compartir lugar coas ras.
A reproducción empeza en
marzo. Pon entre 300 a 1500 ovos. Rematan o proceso no verán. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome científico:
Hyla arborea. ( Linnaeus,
1758)
Nome galego:
Ra de San Antón.
Ranilla. Estroza.
Nome castelán:
Rana de San Antón.
Descrición: Ra pequena.
3,5 a 5 cms. Na fotografía pode verse a proporción coa man. As femias
son máis grandes cós machos. A súa cor é verde lisa e case branca por
debaixo. Normalmente ten unhas liñas negras polos costados, tímpanos e
ollos separan o dorso do ventre. Pode cambiar a cor ata o pardo .Os
ollos son grandes e sobresaíntes.
Ten, como xa está dito discos adhesivos nos dedos, esta quizás
sexa a característica máis importante.Ten unha banda negra dende o ollo
ata a cadeira. Gústanlle tódolos insectos. Tamén come arácnidos e
opalións. Cando se aparea o macho non come. Vive preferentemente nas
árbores. É unha especie preferentemente nocturna e crepuscular.
Dende logo é unha ra pouco acuática. Gracias as súas
ventosas dixitais está moi dotada para andar polas árbores. Gusta de
tódolos xeitos dos territorios con masas de auga permanentes, con
abondosa vexetación nas marxes, como grandes charcas, lagoas, xunqueiras,
ríos de correntes lentas. Desova en bolas grumosas. O celo ten lugar na
primavera e chega ata o verán. Entón xúntanse os machos a cantar nos
regueiros pouco profundos. Desprázase ata 1500 metros a determinadas
charcas para aparearse. É moi esixente coas charcas onde se aparea, non
lle vale calquera: entre 6 e 10,2 de PH, normalmente sen peixes e con
vexetación.
A reproducción empeza en
marzo. O canto dos machos acompaña os pescos da troita nos primeiros
días e dura ata xuño. Os machos poden cantar metidos na auga, nadando,
ou ben na beira, formando as veces grandes concentracións.
Por certo
o macho ten os membros anteriores mais grandes ca femia e na primavera
mostran unhas rugosidades negruzcas na base do primeiro dedo que lle van
a servir para agarrarse as femias no momento das manifestacións nupciais.
É o que se chama amplexus, que son posturas moi peculiares.
Cando
freza pon entre 2 a 125 ovos e esto faino entre 2 a 53 veces. En total
sobre 2000 ovos. O macho vai fecundando os ovos que pon a femia, con
esta postura, que non é o que se pode pensar. O amplexo é precisamente,
esa protuberancia para collerse ben a femia e poder desenrolar esa
labor, básica para a vida.
Máis adiante
apareceran, a partir dos ovos os cágados. Os cágados poden chegar a ser
moi grandes. A metamorfose soe durar 2-4 meses, saíndo da auga a
meirande parte dos xuvenís ó remate do verán.
O proceso
é moi complicado xa que os cágados pasan da substitución de algúns
membros a aparición de outros. Así aparecen as patas e o aparato
respiratorio branquial é substituido por outro pulmonar.
Alcanza a madurez sexual os dous anos. Logo vive entre 6 a 9 anos, con
un pouco de sorte. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome científico:
Rana Iberica. ( Boulenger,
1879)
Nome galego:
Ra patilonga, Zampexa, Ra
dos regos. Ra roxa.
Nome castelán:
Rana patilarga, rana Ibérica
Descrición: Mide entre 30 e 60 mm. Trátase dunha ra máis pequena
que a normal, e distínguese perfectamente polo anteface que ten xunto do
ollo, o tímpano máis pequeno que a ra verde e o ton que é tirando a
folla seca. Fociño puntiagudo e ollos tirando a amarelo. Poden vivir
entre 5 a 6 anos. Ollos grandes e saíntes. Ten anteface. O deseño dorsal
é bastante variable, con manchas claras e máis escuras, difusas, de
función críptica. As partes inferiores son brancas "suxas", pois están
luxadas de cincento. Os tímpanos son pequenos e pouco definidos.
Chámase ra patilonga xa que as súas patas son moi longas. Esta ra pódese
confundir coa ra temporaria, pero a temporaria é máis pequena, con
tímpanos máis pequenos, e palmeaduras máis grandes, chegando ó final dos
dedos. Aliméntase de todo tipo de insectos. É moi áxil e caza con saltos
todo tipo de insectos e arañas. Pode estar activa todo o día pero parece
preferi-lo serán entre lusco e fusco. Vive preto dos ríos, charcas,
prados, etc. De marzo a novembro. Prefire a auga máis ben rápida, pero
cursos fluviais de auga limpa. É moi áxil tanto no salto como
nadando.Pode vivir en correntes case torrencial, onde non paran as
outras ras. Gústanlle os relanzos rodeados de moita vexetación: herba,
silvas, ameneiros, etc., onde se pode camuflar moi ben. Tamén se ten
atopado en lagos de alta montaña.
A reproducción empeza en
marzo. Os acoplamentos teñen lugar pola noite, nos remansos dos ríos e
en pequenas represas das canles de regadío, onde logo van a depositar os
ovos.
Cando freza pon entre 192
a 445 ovos, número moi baixo entre as ras, estes ovos van parar o fondo
de riachos e regueiros en paquetes. As larvas, que teñen o ventre negro
con lunares brancos transparentando o paquete intestinal, rematarán a
metamorfose entre xuño e setembro, despois de aproximadamente tres
meses.
Moi pouco gregaria, non
forma grupos nin sequera cando está en celo. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome científico:
Rana perezi. (Seoane,
1885)
Nome galego:
Ra verdexada. Ra
verde. Ra dos vales. Ra de charco.
Nome castelán:
Rana Verde. Rana común.
Descrición: As súas dimensións oscilan entre 50 e 75 mm.
As femias son un pouco máis grandes, poden chegar a 100 mm. Trátase
dunha ra grande, co lombo apencado de manchas negras ou pardas, cunha
fina liña vertical no lombo. Non ten anteface despois do ollo. No debuxo
aparece co saco vocal hinchado como un globo, prodúcese o cantar, cando
fan o cortexo as femias, nese caso cantan desaforadamente. O saco que se
ve hinchado actúa de caixa de resonancia, desa forma o canto ou chamada
chega moi lonxe. Os dedos dos membros posteriores teñen membranas
interdixitais, para nadar mellor. Os dedos dos membros anteriores, soio
catro dedos, deles, o terceiro dedo é moito maior. A pel é verrugosa e
ten plegues dorsolaterais moi patentes, é dicir que se ven
perfectamente. Ollos grandes e saíntes. Os tímpanos ben visibles. Non
ten anteface. É moi verde ( hai exemplares máis pardos, pero en xeral é
verde con algún ton pardo e manchas negras) e por suposto cantareira.
Observar que o fociño é redondeado e lixeiramente puntiagudo. Ollos moi
saíntes e pupila horizontal. Tímpano grande e moi ben sinalado.
Extremidades fortes, membranas interdixitais amplas. Alimentase de
todo tipo de insectos, tanto larvas
acuáticas como terrestres, dende tricópteros, coleópteros e moluscos, na
auga, ata, dípteros, arácnidos, , etc. Tamén peixes moi pequenos, e
outros. Habita preto dos ríos, charcas, prados, etc. De marzo a novembro.
Prefire a auga máis lenta e non se adapta moito a ríos de caudal rápido.
Prefire polo tanto os ríos grandes e lagoas de auga morniña.Os machos
poden durar ata 5 anos, as femias ata 6 anos.
A reproducción empeza en
marzo. O canto dos machos acompaña os pescos da troita nos primeiros
días e dura ata xuño. Os machos poden cantar metidos na auga, nadando,
ou ben na beira, formando as veces grandes concentracións.
Por certo
o macho ten os membros anteriores mais grandes ca femia e na primavera
mostran unhas rugosidades negruznas na base do primeiro dedo que lle van
a servir para agarrarse as femias no momento das manifestacións nupciais.
É o que se chama amplexus, que son posturas moi peculiares.
Cando
freza pon entre 1000 e 10000 ovos. O macho vai fecundando os ovos que
pon a femia.
Máis adiante apareceran,
a partir dos ovos os cágados. Os cágados poden chegar a ser moi grandes.
A metamorfose soe durar 2-4 meses, saíndo da auga a meirande parte dos
xuvenís ó remate do verán.
O proceso é moi complicado xa que os cágados pasan da substitución de
algúns membros a aparición de outros. Así aparecen as patas e o aparato
respiratorio branquial é substituído por outro pulmonar. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome científico:
Rana Temporaria. (
Linnaeus, 1758)
Nome galego:
Ra de monte. Ra
roxa do monte. Ra Vermella.
Nome castelán:
Rana temporaria. Rana de monte. Rana roja.
Descrición: Mide entre 40-70 mm. Trátase dunha ra moi semellante
a ra ibérica, da que se diferencia pola combinación dos seguintes
caracteres: tímpano grande, redondo e ben definido, patas máis curtas e
ventre de cor crema con veas vermellas, sen punteado. Esta ra pódese
confundir coa ra ibérica (non coa ra verde que non ten anteface e
ademais é máis verde). A ra temporaria é mais grande ca Ibérica. O seu
hábitat é distinto. O tímpano é mais grande. As palmeaduras son máis
pequenas, non chegan o final do dedo. Tímpano grande, redondo e ben
definido, patas máis curtas e ventre de cor crema con veas vermellas,
sen punteado. De tódolos xeitos presenta unha gran variación, inda que
dominen os tons ocres, alaranxados, amarelos, roxiños e pardos. As ras
temporarias galegas son máis pequenas que as de Asturias e os Ancares,
chegando a adultas cunha talla similar a da ra ibérica. Alimentase de
todo tipo de insectos. É moi áxil e caza con saltos todo tipo de
insectos e arañas. Pode estar activa todo o día pero parece preferi-lo
serán entre lusco e fusco. Pódese dicir que é a ra das brañas. Tamén se
atopa preto dos ríos, charcas, prados, etc. De marzo a novembro. Prefire
máis ben os charcos, pódese dicir que é máis terrestre. Dende logo e
pouco nadadora, inda que vive nas beiras das charcas, lagoas e en xeral
augas remansadas.
A reproducción empeza en
marzo.
Reprodúcese en augas
pouco fondas e lagoas sen corrente, chegando ás veces a poñe-los ovos na
herba húmida. A posta é grande, presentándose en paquetes que inchan na
auga e quedan flotando como xelatina.As larvas máis pardas que negras,
saen das charcas por maio ou agosto ( nas serras). Os adultos espállanse
polas fragas unha vez rematado o período reproductor para volver a auga
chegado o inverno.
Xúntanse en
grandes grupos para reproducirse, onde os machos póñense a cantar.
Rematando este período espállanse, na busca de alimentos, polo bosque,
ás veces moi lonxe do lugar de reproducción.
Mentres os machos están co celo teñen a pel dilatada, o que lle da un
aspecto de "fofos". Tamén no primeiro dedo nace unha callosidade que
neste caso é negro. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome científico: Salamandra
Salamandra ( Linnaeus 1758)
Nome galego: Píntega, salamántiga, salamanca, sacarrancha,
pintárraga, pezoña, pinchorra, zarramancha, roncha, sacabeira, pinta,
zaramela.
Nome castelán: Salamandra.
Descrición: Entre 6 e 11 cms. de lonxitude corporal. Negro
con pintas marelas que, nas poboacións do norte, son dúas liñas cáse que
continuas ó longo do dorso, rabo e cabeza. Destacan as dúas glándulas
parótides a ámbolos dous lados da cabeza e unha liña, de glándulas máis
pequenas, paravertebral que recorre o corpo e mailo rabo. Con elas
segregan sustancias noxentas para se defenderen. O aspecto é un pouco
variable xa que pode ser dunha cor amarela intensa ata distintos tons de
amarelo mais apagado. Aliméntase de todo tipo de insectos. Gústanlle as
miñocas e larvas de insectos, inda que come un pouco de todo incluso
arácnidos. Tamén gusta moito das babosas e caracois. Vive nos bosques é
polo tanto terrestre, evita os prados así como os recunchos moi
abruptos e o mato seco. Follas e árbores caídas sempre que sexan húmidas
e sombrías son o seu lugar preferido. Tamén se encova baixo as pedras e
por suposto as raigotos dos arbores e matos.
Trátase dun anfibio nocturno. Durante o inverno, a máis altura, soe
darse o período de hibernación, que remata coa primavera. Pero o máis
curioso da reproducción é o seu ovoviparismo, de xeito que os ovos se
desenvolven e eclosionan dentro da nai ata chegar a un grao de
desenvolvemento variable segundo as zonas. Durante esta xestación as
larvas poden devorarse unhas a outras, o chamado "canibalismo
intrauterino", de xeito que nos casos en que os xuvenís son paridos
totalmente metamorfoseados o número de crías é moi pequeno, entre dúas e
catro, pero isto confírelle á especie unha total independencia da auga e
ás crías maiores posibilidades de supervivencia, un caso único entre os
anfibios galegos. Este fenómeno parece ser máis frecuente na subespecie
bernardezi e témolo comprobado en poboacións da localidade de
Cariño, concretamente nunha horta rodeada dun muro duns tres metros de
alto e sen ningunha charca ou poza que fixese viable parir larvas con
respiración branquial. Mesmo así o máis frecuente é que as larvas sexan
depositadas na auga, aínda con branquias externas, e que aquí completen
o seu crecemento. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome científico: Tristurus Boscai (
Lataste, 1879)
Nome galego: Limpafontes común, Sabanduxa común, Lagartixa de
auga.
Nome castelán: Tritón ibérico.
Descrición: Moi parecido o triturus helveticus (
limpafontes palmados, que son os que hai en Galicia) , pero o seu tamaño
é un pouco maior. O peito e o ventre son vermellos e non ten anteface,
tampouco ten crista na parte de atrás, nin filamento caudal nin
palmaduras nos pés. Alimentase de todo tipo de insectos. Tamén ovos
doutros trituros, etc. Prefire pequenas masas dos ríos, fontes, pozas
nas beiras dos ríos, pilóns. A reproducción empeza en febreiro abril.
Postos os ovos na auga, as larvas rematarán o seu desenvolvemento polo
verán. Vive entre 10 a 15 anos. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome científico:
Triturus Helveticus ( Razoumowsky 1789)
Nome galego:
Limpafontes de auga palmado, Sabaduxa
palmada.
Nome castelán: Tritón palmeado.
Descrición: É pequeno , sobre 70 mm. Castaño coas costas moteadas
de negro. Son caracterísitcas dos machos unha gran crista, así como o
filamento caudal e dende logo as membranas palmares nos pés traseiros.
Observar na fotografía este detalle dos pés palmados traseiros.
Alimentase de todo tipo de insectos. Tamén ovos doutros trituros, etc.
Prefere charcas grandes dos, brañas e lagoas, evitando polo xeral
pequenas masas de auga.
A reproducción empeza en febreiro
abril. Posto-los ovos na auga, as larvas rematarán o seu desenvolvemento
polo verán.
Vive entre 10 a 15 anos. |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |

Nome científico: Triturus Marmoratus
( Latreille 1800)
Nome galego: Limpafontes verde , Píntega verde, Píntega de
auga.
Nome castelán: Tritón jaspeado.
Descrición: Sobre 70 mm. Verde xaspeado de negro, o que lle
permite pasar bastante desapercibido no seu ambiente. O peito e o
bandullo son cincentos con pintas negras e brancas irregulares. Os
machos en celo presentan unha crista dorsal e anal. As femias e os
exemplares novos teñen unha rechamante liña dorsal laranxa. Importante
de cara a identificación este limpiafontes non é palmeado nas patas
traseiras. Alimentase de todo tipo de insectos. Tamén ovos doutros
trituros, cagados, larvas de anfibios, etc. Vive en charcas de todo
tipo, pozos, lavadoiros, canles, marismas, as veces forma concentracións
importantes. Nada moi ben e tanto se pode atopar entre a vexetación
acuática como no fondo.
A reproducción empeza en febreiro abril. Postos os ovos na auga, as
larvas rematarán o seu desenvolvemento polo verán.
Vive entre
10 a 15 anos. |
|
|
|
| |
©
E.L. |
|
|
|
| |
|
|
|
|